Alejandro Pérez


A organizacion social en Esparta era moi estratificada e militarizada, sen posibilidade de cambio entre os tres estamentos dasociedade espartana. Coñecemos estes 3 grupos:



-Os espartiatas: ὅμοιοι (iguais).
Eran espartanos de pleno dereito e só podían pertencer a este grupo os descendentes dos xa pertencentes, é dicir, o acceso a este grupo era por via familiar.
Posuían os dereitos políticos que estaban constituídos polos cidadáns.
Pertencer a este estado social implicaba que os espartiatas debían adicar a súa vida a servir ao estado de Esparta permancendo sempre á disposición do exército, polo tanto, xa dende meniños recebían unha "educación espartana" que consistía en educar ás novas camadas de espartiatas fisica e mentalmente para face-la guerra e servir ao estado espartano.
En resumo, eran unha minoría privilexiada que tiña no seu poder as propiedades, os cargos políticos públicos e o poder militar



Exemplo de espartiatas en pleno servizo militar
Exemplo de espartiatas en pleno servizo militar






-Os periecos: Περίοικος (da periféria)
Eran os habitantes das cidades costeiras que foron conquistadas polos espartiatas pero que non foron reducidos á posición de Ilotas. Están considerados como a segunda capa social do estado espartano.

A diferenza principal cos espartiatas, é que estes non se van dedicar a asuntos políticos, (agás algunha excepción como foi o perieco Diníada que tiña un cargo de alto mando militar), se non que a asuntos comerciais, polo que non se lles vai poder considerar como cidadáns. Con todo, gozaban dunha certa autonomía que lles permitía ter propiedades.

Este grupo tamén tiña que desempeñar un certo servizo ao estado, fundamentalmente no servizo militar, a manufactura dalgúns produtos e o pago de tributos.

external image periecos.png





Os ilotas: Εἱλώτης

Pouco hai que dicir sobre este grupo, pois eran os escravos do estado, coma Diceópolis.
Ubicábanse na gradua máis baixa da sociedade espartana e eran maltratados, humilllados e, por veces, sacrificados.
Vivían sempre subordinados aos seus amos e non posuían ningún dereito nin liberdade
external image moscoforo-diceopolis-dikaiopolis.jpgexternal image 250px-Hilotas.jpg


Para acabarmos esta sección deixo un video que resume algúns aspectos da organizacón da vida espartana